11 nov 2011

En febreiro limos...

Este mes de febreiro limos a obra de Domingo Villar "Ollos de auga", unha novela na que seguimos os pasos do detective Leo Caldas. Este libro é un dos máis lidos na Galiza entre os máis novos pola súa intriga: "Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa."
Entre os membros do grupo houbo comentarios de todo tipo, desde os máis entusiastas que a consideran unha novela moi entretida e recomendábel até aqueles que pensan que a historia é predecíbel. No que coincidimos todos é en que o libro é de doada lectura e dixestión. Lectura de entretemento puro e duro, sen máis pretensións.

1 comentario: